Carballo, Ferrol e Ordes, na elite dos murais de arte urbana

1 minutes read

Hai cidades e vilas galegas na lista de lugares con mellores grafitti que elabora unha web que aglutina afeccionados á arte urbana de todo o mundo. E salienta concretamente as obras murais que enchen as paredes de Ordes, Ferrol ou Carballo.

Carballo conta cunha ruta turística que percorre as 75 pinturas murais froito do proxecto Derrubando muros con pintura que naceu no 2013 e que desde 2015 conta cun festival de arte urbana, o Rexenera Fest. 

Carballo aparece xunto con Ferrol e as súas Meninas de Canido entre os lugares cos mellores grafitis do mundo. Tampouco falta nesta listaxe a localidade de Ordes, co seu propio festival DesOrdes Creativas. As obras das tres localidades figuran nunha web creada por afeccionados á arte na rúa. A plataforma conta cunha aplicación para móbil onde a comunidade leva rexistrados máis de 15 mil murais a nivel global. A arte urbana galega faise global a través das novas tecnoloxías.