Este ano as celebracións patronais de Carballo celebraranse do 21 ao 26 de xuño, e o domingo seguinte, 2 de xullo, será a Festa do Bosque. A comisión organizadora xa está traballando no programa, pero o primeiro é o primeiro, de xeito que vén de convocar o tradicional concurso para a elección do cartel que anunciará as festas, cun premio de 450 euros que está patrocinado, un ano máis, por Opticalia Enríquez. O prazo para presentar as propostas está aberto ata o 10 de abril.
http://www.carballo.org/media/documentos/BASES_SX_23.pdf
A comisión de festas vén de reforzarse con novas incorporacións, e quedou constituída deste xeito:
- Presidente: Sergio Varela Fuentes
- Secretario: Gustavo Lorenzo Pena
- Vogais: José Antonio Deus Antelo, Mª Carmen Pacoret Rey, María Pereira Mariño, Alba Cerqueiro Vázquez, Antía Suárez Martínez, Asun Vázquez Bértoa, Roberto Rancaño Lagoa e Rodrigo Felípez Ferreiro.
- Representantes do Concello de Carballo: Maruxa Suárez, concelleira de Festas, e Carmen Castro, xefa do servizo de Cultura.