Carballo festexa 25 anos de irmandamento cos veciños e veciñas de L’Isle Jourdain

Ao longo da semana participarán en numerosas actividades culturais e institucionais

O concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; a presidenta do Comité de Irmanamento de Carballo con L’Isle Jourdain, Ana Cancela, e as familias de acollida recibiron hoxe aos veciños e veciñas da vila francesa que participan nun novo intercambio entre os dous concellos, pero este moito máis especial, xa que coincide co 25º aniversario do irmandamento. Con este motivo, ao longo da semana celebraranse numerosas actividades culturais e institucionais.

Este é o programa:

  • Martes: visitas a Santiago de Compostela, ría de Arousa e Cambados.
  • Mércores: visitas á Coruña e ao Museo Etnolúdico de Galicia (Melga), en Ponteceso. A partir das 19.00 horas, Festival Galego-Occitano-Francés no Pazo da Cultura.
  • Xoves: obradoiro de pandeireta e canto tradicional galego, presentación do muro pintado polos artistas carballeses Cristina Castro e Santi Picos, visita guiada polo litoral carballés, recepción oficial na Casa do Concello (19.15 horas) e cea de despedida.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha