Carballo fomenta a lectura e a cultura cunha nova edición da Praza dos Libros

1 minutes read

Do 11 ao 14 de xullo chega a Carballo unha nova edición da Praza dos Libros, estará cargada de literatura, música, obradoiros, gastronomía e, sobre todo, de grandes nomes das letras galegas actuais. A presentación tivo lugar este venres no palco da música da praza do concello de Carballo, coa presenza dos libreiros locais, do alcalde Evencio Ferrero e do concelleiro de Cultura Marcos Trigo. A autora luguesa María Reimóndez será a encargada de dar o disparo de saída deses catro intensos días de cultura o xoves 11 ás 12.30 horas.

E a partir dese momento asistiremos a un auténtico desfile de cultura galega, literatura e música fundidas nun programa que mestura cantidade e calidade.

Tamén estará presente a gastronomía, porque o xoves con cada libro que merques entregaranche unha lata de atún Calvo, claro, e o domingo, un moletiño de Pan de Carballo.

Mª Carmen Rama, Elena Negreira e Eva Camean, libreiras de Carballo.