- Este martes foi a última sesión deste programa no que colabora a Concellaría de Igualdade
Formar ao alumnado con respecto á terminoloxía específica e á realidade das persoas LGTBI no contexto educativo para previr posibles casos de acoso ou discriminación é o obxectivo xeral da formación en diversidade LGTBI que ofreceu a Concellaría de Igualdade, a través da asociación ALAS Coruña, a estudantes de 3º e 4º cursos da ESO do IES Alfredo Brañas de Carballo.
A actividade constou de oito sesións que se celebraron entre o martes pasado e onte. O traballo nas aulas consistiu no coñecemento de terminoloxía básica sobre orientación sexual, identidade ou expresión de xénero; o uso de linguaxe inclusiva, recomendacións para “saír do armario”, recoñecemento da discriminación e consecuencias do acoso LGTBIfóbicos. O traballo realizouse en grupos reducidos, utilizando distintos materiais de apoio.
