23
- Segundo a formación, a súa postura está respaldada pola Valedora do Pobo
A agrupación de funcionarios A Alternativa de Carballo critica ao Concello por non deixarlles estar presentes na Mesa Xeral de Negociación. Vítor Recarei Añón, representante da formación, sinala que están ante un «goberno intransixente do BNG que decide seguir a aplicar a censura» ao non dar voz «ao 30% do persoal funcionario» a pesar de que estes conten co respaldo da Valedora do Pobo.