As doce do mediodía deste martes tivo lugar unha concentración en repulsa da violencia machista na praza do concello de Carballo, en concreto, na lembranza do recente crime ocorrido este luns no concello pontevedrés de Valga, no que foron asasinadas tres mulleres en presenza de dous menores. Preto dunhas cen persoas asistiron a concentración, na que o alcalde carballés Evencio Ferrero, solicitou que se gardase un minuto de silencio por cada unha das tres vítimas, logo de dar lectura dun comunicado de repulsa a violéncia de xénero elaborado pola FEGAMP. Este mércores 18 de setembro as 20:00 horas está previsto celebrar tamén no mesmo lugar unha concentración comarcal do movemento feminista.
Lectura do comunicado polo alcalde Evencio Ferrero antes de gardar tres minutos de silencio.