Carballo habilita unha nova parada de autobús na zona do centro médico

Parada de bus, zona centro médico de Carballo.

  • A Xunta autorizouna a raíz das alegacións presentadas pola Concellaría de Mobilidade á primeira fase do plan de explotación do transporte público.

O Concello de Carballo fixo chegar á Administración autonómica as súas achegas sobre frecuencias, rutas e paradas, e grazas a que algunhas desas alegacións foron aceptadas mantivéronse as paradas urbanas da estación de autobuses, as rúas Vázquez de Parga e Perú e A Milagrosa, ademais de incrementalas cun novo punto de recollida e chegada de pasaxeiros/as na zona do centro médico. Tras recibir a autorización da Xunta, a Concellaría de Mobilidade colocou o sinal correspondente e este venres rematou a sinalización horizontal desta nova parada.