Carballo | Importantes danos nun turismo que se atopou cunha tajea oculta pola maleza

Un gran susto, ademais de importantes danos materiais, foron as consecuencias principais do abeiramento dun turismo nunha das vías máis transitadas e estreitas da capital de Bergantiños. O suceso ocorreu sobre as 10 da mañá deste xoves no Ferradal, en Bértoa, onde este lugar conflúe coa terminación da rúa Vila de Negreira. O turismo ao cruzarse con outro máis grande tivo que abeirar sobre o seu sentido da marcha -dirección a Carballo- ata o punto de pisar herba, dado que como se aprecia na fotografía a vía carece de beiravía e de beirarrúa en ningún sentido.

A sorpresa sobreveulle á condutora de súpeto, tapada pola maleza atopouse coa tajea, deixando alí a defensa e parte dos baixos do vehículo. Por sorte non houbo que lamentar danos persoais, pero si cuantiosos danos materiais no turismo. Ao lugar acudiu unha patrulla da Garda Civil de Tráfico que instruíu as correspondentes dilixencias, entre elas a indignación e demanda da condutora e veciños da zona por non estar sinalizada a perigosa tajea ou a maleza cortada para que dalgunha forma fose visible e non unha trampa. Veciños do lugar confirmaron que non era o primeiro caso que ocorría no punto, polo que sopesaban presentar unha reclamación ante a administración responsable da vía.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha