Carballo inicia a celebración do ‘Ano do Xestal’

1 minutes read

Por iniciativa da parroquia de San Xoán Bautista, este martes día 3 ás 20.30 horas celebrarase na igrexa de Carballo unha misa cantada polo Coro Aires de Bergantiños, do que O Xestal foi membro fundador. A comisión organizadora do Ano do Xestal, pola súa banda, ten programada para o propio día 4, coincidindo co 30º aniversario do pasamento de Carlos Díaz Gestal, unha ofrenda floral na súa tumba, no cemiterio parroquial de Razo. No acto, aberto a toda a cidadanía, participarán o profesor, escritor, músico e dinamizador cultural Xurxo Souto; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a Banda Municipal de Gaitas.