A Xunta de Goberno Local aprobou este luns o expediente de contratación da primeira fase das obras de construción do centro social de Goiáns. É a segunda vez que se realiza este trámite porque o primeiro concurso quedou deserto por non presentarse ningunha empresa. O Centro Social de Goiáns será un edificio de planta baixa, cunha superficie de 341,62 metros cadrados, incluídos 51,73 correspondentes aos patios descubertos. Os restantes repártense entre o vestíbulo, iluminado por un gran lucernario circular cenital, dende o cal se accede ao resto das estancias: auditorio con capacidade para 36 persoas que pode duplicar esa capacidade abríndose ao soportal, escenario, sala multiusos, cuarto da limpeza, almacén, oficinas, arquivo, cociña e aseos, respondendo ás necesidades presentadas polo movemento asociativo da parroquia. O proxecto prevé tamén a creación de 14 prazas de aparcamento e un axardinamento baseado na potenciación das especies arbóreas existentes.
24