38
A Xunta de Goberno Local do Concello de Carballo puxo en marcha na sesión ordinaria deste luns o procedemento de contratación de dous proxectos de melloras viarias, un para pavimentar 19 rúas urbanas e outro para a reparación de pistas nas parroquias de Ardaña, Artes, Berdillo, Bértoa, Carballo, Lema, Oza, Razo e Rus. En total, 740.259,37 euros, que forman parte dun paquete de proxectos que se financiarán con cargo ao remanente de tesourería do ano 2020.
- Acondicionamento de aparcadoiros: 129.161,73 euros
- Campaña de difusión e sensibilización da compostaxe na zona rural: 17.242,50 euros
- Maquinaria e utillaxe para o cemiterio: 3.000 euros
- Novo parque canino: 24.200 euros
- Centro social en Xoane (Goiáns): 354.958,20 euros
- Nova musealización do Museo de Bergantiños: 145.069,93 euros
- Reurbanización da rúa Estrela: 145.733,60 euros
- Reurbanización da rúa Lugo: 39.837,90 euros
- Reurbanización da rúa Chile: 64.246,20 euros
- Investimento en terreos: 300.000 euros
- Mellora da rede de abastecemento da rúa Vázquez de Parga: 42.719,04 euros
- Mellora das infraestruturas en Razo-Baldaio (pasarelas de madeira): 175.000 euros
- Melloras no CEIP Gándara-Sofán: 216.286,66 euros
- Melloras nos centros de ensino CEIP Fogar e escola de Queo: 45.700 euros
- Mellora do auditorio do Pazo da Cultura: 633.556 euros
- Renovación da cuberta do graderío do campo de fútbol As Eiroas: 56.985,18 euros