Carballo | Inicio da Escola de Natación 2020-21

Curso natación_PIXABAY

A Concellaría de Deporte de Carballo iniciará o próximo 5 de outubro a actividade da Escola de Natación 2020-21, e abre un novo prazo, ata o 22 de outubro, para solicitar o cambio de grupo asignado ou o adiamento da participación.

Na solicitude de cambio de grupo priorizaranse as solicitudes motivadas pola incompatibilidade co horario lectivo obrigatorio dos participantes e ca asistencia de irmáns, por esa orden. Os participantes que opten por aprazar a participación e sigan sendo abonados ás instalacións deportivas municipais terán reservada a súa praza na Escola de Natación, podendo solicitar a reincorporación no curso 2021/22.

As solicitudes de trocos de grupo e aprazamentos poden efectuarse vía rexistro telemático do Concello de Carballo, ó mail carballodeporte@carballo.gal ou presencialmente nas oficinas “Carballo Deporte” na rúa Vila de Corcubión S/N.