Carballo investirá máis de 280.000 euros na reurbanización da rúa Bos Aires

Imaxe pleno Carballo decembro_Carballo.org

  • Na Xunta de Goberno tamén se acordou destinar case 90.000 euros ó servizo de limpeza de praias para os vindeiros catro

A Xunta de Goberno Local adxudicou este luns as obras de reurbanización da rúa Bos Aires á empresa local Vázquez y Reino cun orzamento de 280.775,27 euros e un prazo de execución de catro meses.

O obxectivo da actuación é a mellora integral dunha rúa que na actualidade conta con servizos urbanísticos obsoletos, polo que se prevé a substitución das redes de abastecemento de auga e saneamento, a instalación de rede de augas pluviais e o soterramento dos servizos de electricidade e telefonía, aos que se sumarán os de cable e gas.

Na xuntanza de hoxe tamén foron adxudicadas á mesma empresa, por un importe de 78.892 euros, as obras de acondicionamento de pistas forestais nas parroquias de Rus e Sofán. O prazo de execución será de tres meses.

En materia de contratación tamén foi adxudicado a Acciona Servicios Urbanos o servizo de limpeza de praias para os vindeiros catro anos, con posibilidade de un máis de prórroga, e cun custo anual de 88.938,45 euros.