Carballo investiu no último ano máis de 800.000 euros en mellorar estradas rurais

Imagen de archivo de unas obras en la vía que une los núcleos de Canosa (Rus) e Pereiro Vello (Entrecruces)_Cedida

Unha destas estradas é a que comunica os núcleos da Canosa en Rus e Pereiro Vello en Entrecruces. Alí achegáronse o alcalde carballés, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, que comprobaron de primeira man o estado das melloras, consistente na regularización de anchos da vía, que pasará a ter 6 metros de media, e no estendido dunha nova capa de rodaxe con aglomerado. A estrada de Canosa ao Pereiro Vello sumarase deste xeito a rede municipal de vías aglomeradas, que no último ano incrementouse en varios quilómetros grazas a un investimento de máis de 800.000 euros, aos que se suman os preto de 200.000 investidos pola Deputación da Coruña en Berdillo. Outras vías acondicionadas foron a de Paradela-Prearada en Sofán, Xoane-Piñeiro en Goiáns, Xamozo (Artes)-Santa María (Ardaña) e Feira de Berdillo-O Moucho (Artes-Berdillo).