36
Tras o último investimento de 257.125 euros nas obras de saneamento e abastecemento aos lugares de Figueroa e Outeiro, na parroquia de Sísamo, no Concello de Carballo hai en marcha outros proxectos do ciclo integral da auga que permitirán seguir estendendo pola zona rural dous servizos prioritarios nos plans de actuación do goberno municipal. Nestes momentos están en execución ou contratación obras por valor de 2.543.828,26 euros. A Xunta de Goberno Local adxudicou esta semana o proxecto de saneamento dos lugares de Betrís e Ribeira, na parroquia de Rus.