- Trátase dos centros de As Landras e A Braña
A xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar fixo públicas este luns as listaxes provisionais de nenos admitidos e de agarda para o curso 2021-22 na rede A Galiña Azul, na que están integradas as dúas escolas infantís públicas do concello de Carballo, concretamente as de As Landras e A Braña.
As familias dispoñen agora dun prazo de 5 días hábiles deste este martes e ata o 18 de maio para posibles reclamacións, que deben presentarse na escola infantil que corresponda. Coa publicación das listaxes definitivas entenderanse resoltas as alegacións.
As escolas infantís da rede pública son sostidas coas achegas das familias e con fondos públicos da Xunta e dos concellos, que achegan a metade do custo de cada praza. O Concello de Carballo contribuirá neste curso 2020-21 cunha partida de 174.900 euros polas 92 prazas existentes na escola da Braña e as 41 das Landras, na que tamén asume o mantemento, a limpeza e a enerxía eléctrica.