Carballo | La Crema regresa aos escenarios con “A ras de suelo 21”


O grupo carballés La Crema, despois de anos en silencio, retoma o camiño musical cun concerto na vila onde os viu empezar e onde queren ofrecer o mellor da súa música. Esta formación realizou diversas gravacións ao longo da súa traxectoria, ademais conta cunha produtora e con estudio de son propio, unha aposta forte pola súa música e por reinvindicarse como un dos grupos de rock máis importantes de Carballo.

Poderás escoitalos en directo na rúa Jacinto Amigo Lera, este xoves 29 de xullo ás 21:30 horas. Entrada libre e de balde ata completar aforo.