A Xunta de Goberno Local aprobou a posta en marcha do expediente de contratación do servizo de conservación, mantemento e reparación das vías públicas municipais por un período máximo de catro anos e un orzamento total de 1,4 millóns de euros. O contrato divídese en dous lotes, un para á zona urbana e outro para a zona rural.
Deste xeito, o goberno municipal pretende ter garantido o bo estado xeral dos máis de 600 quilómetros de vías asfaltadas que hai no concello, a parte de actuacións concretas de máis envergadura que se leven a cabo e que serán obxecto de contratos singulares, como os aglomerados nas vías de Bolón (Sofán) a Vilar de Francos (Artes) ou das Labradas (Carballo) á Ponte de Bértoa, que están en fase de contratación nestes momentos por máis de 300.000 euros, ou a reurbanización da rúa Estrela, que vén de ser adxudicada por 200.000 euros.