17
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns o expediente de contratación dos traballos de conservación, mantemento e servizos funerarios do cemiterio municipal, cun orzamento de licitación de 197.800,67 euros para un período de catro anos.
Ademais da licitación do contrato de mantemento, en breve comezarán tamén as obras do revestimento dos panteóns construídos na recente ampliación, que veñen de ser adxudicadas á empresa Sonense de Granitos por 297.930,63 euros. O obxectivo do goberno municipal é poñer a disposición da veciñanza os novos nichos á maior brevidade e iniciar de seguido a segunda fase do proxecto de ampliación, dada a gran demanda existente.