As medidas preventivas postas en marcha polo Concello inclúen baldeos diarios en toda a zona urbana e a desinfección das illas de contedores e as papeleiras, como medida preventiva para evitar contaxios do COVID-19, ademais a empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Urbaser, continúa realizando labores de limpeza e desinfección dos colectores de lixo na zona rural. Como complemento ás medidas que está aplicando Urbaser na recollida do lixo, dende a Concellaría de Obras e Servizos tamén deron instrucións para o servizo de limpeza viaria. O persoal de Aspaber UTE está a realizar baldeos diarios con desinfectante en toda a zona urbana e tamén a diario desinfecta as papeleiras. A maiores, os martes e os xoves realiza desinfeccións na Praza do Concello, o Mercado Municipal, prazas e parques, a Praza de Vigo (residencia e centro de día), o centro de saúde e a residencia de Geriatros, complementando o traballo que está a facer unha empresa especializada contratada polo Concello de Carballo para desinfectar edificios e instalacións públicas por dentro e por fóra, espazos públicos, beirarrúas e contornas dos establecementos que están abertos ao público. Todo, co obxectivo común de illar a poboación do coronavirus, mantendo un Carballo limpo, máis que nunca. Na seguinte instantánea podemos informarnos de como tratar correctamente os refugallos nos fogares con enfermos ou en corentena por Covid-19.
Carballo limpo, máis que nunca
Foto.- Desinfección en Praza de Galicia_Concello de Carballo.