Carballo | Localizado en Sofán o coche usado nunha aluaxe na Coruña

1 minutes read

Segundo fontes consultadas trátase dun Seat León de cor vermella que á 1:45 da madrugada investiu contra a cervexaría O Sampaio de Matogrande. Todo quedou gravado nas cámaras de seguridade do local, pero á chegada da policía xa nada se puido facer por localizar aos asaltantes. Estes encaixaron o coche, con gancho de remolque, contra o escaparate do establecemento e levaron a caixa rexistradora de cobranza automática duns 100 quilos de peso cargada no maleteiro. O coche era localizado e inspeccionado pola Garda Civil pasados uns minutos das sete da mañá deste luns no lugar de O Forno, na parroquia carballesa de Sofán.