Carballo | Manifestación en Bértoa polo despedimento de cinco traballadores de Inosa

O sindicato Comisións Obreiras apoiou a convocatoria de dous días de folga na empresa Inosa, que foi adquirida en decembro do 2021 polo Grupo San Juan con sede en Carballo. Este mércores medio cento de traballadores manifestáronse ante as instalacións da compañía en Queo de Arriba, en Bértoa. O sindicato quéixase polo despedimento de cinco traballadores da factoría situada en Sabón-Arteixo, que está en proceso concursal desde hai un ano.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha