Carballo | ‘Mercar no teu comercio ten premio’, este xoves mil euros na rúa Coruña

1 minutes read

“Mercar no teu comercio ten premio” é unha iniciativa de promoción do comercio de proximidade galego, organizada pola Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso do CCA de Carballo.

O evento final da campaña empezará ás 16.00 hs na mesma ubicación. Neste lugar, entre as 16.00 e as 19.00 hs, poderán canxearse os tickets das compras realizadas durante as datas de duración da campaña (do 21 ao 28 de setembro) por boletos para participar no sorteo en directo de 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros. Estas tarxetas deberán ser entregadas polos gañadores en novas compras no comercio de proximidade local.

Así, todos os clientes de Carballo que realizaran compras no comercio de proximidade entre o 21 e o 28 de setembro, poden participar no sorteo en directo destos 1.000 euros en premios. Este sorteo contará coa presencia de representantes das entidades organizadoras, entre eles:

  • Miguel Agromayor, presidente da Federación de Comercio de A Coruña.
  • Germán Riveiro Bértoa, presidente do CCA de Carballo.
  • Evencio Ferrero Rodríguez, alcalde de Carballo.
  • Xosé Regueira Varela, Vicepresidente da Deputación de A Coruña e concelleiro de Promoción Económica de Carballo.
  • Mª Carmen Freire Areosa, xerente do CCA de Carballo.
  • Javier Alvarez, director oficina de Abanca de Carballo.