Carballo na Memoria chegou á Milagrosa coa instalación dun novo panel fotográfico

Cedida.

Tras a primeira instalación fai 18 meses na rúa Hórreo, esta semana quedou colocado o segundo panel fotográfico que permite comparar distintas épocas da vila. Neste caso, nun lugar tan emblemático coma a ponte que mesmo lle dá nome ao barrio da Milagrosa. De non ser pola capela e o convento, que se ven ao fondo á dereita, non sería doado recoñecer o cruce das rúas Berdillo, Compostela, Cemiterio Vello e Avenida da Milagrosa tal como podían velo os carballeses e as carballesas de hai un século. A iniciativa forma parte do proxecto “Carballo na memoria”, que continúa a medrar coas achegas da cidadanía e conta xa con máis de 2.000 fotografías dixitalizadas.