Carballo necesita unha liña clara da reordenación do tráfico no casco urbano

1 minutes read

Dende hai un tempo vemos que non hai unha liña clara para a ordenación do tráfico no casco urbano. Sobre todo no que se refire á configuración dos semáforos, que tanto están apagados, como en posición permanente de ámbar, ou con variacións nos tempos cando están en funcionamento normal.
Isto non só afecta a peóns e condutores que son sorprendidos constantemente con estes cambios, senón que afectan gravemente aos colectivos máis sensibles polas súas necesidades especiais, nos que claramente non se pensa cando se fan estes cambios.
Por poñer un exemplo: cada vez que se apagan deixan sen cobertura aos invidentes, cuxos dispositivos pasan a ser inútiles para servirlles de apoio á hora de cruzar a rúa con seguridade.

Os semáforos do centro, rúa Barcelona, Praza de Galicia etc.. volven a estar apagados, creando un caos evidente entre peóns e condutores, altamente agudizado nos días de feira. Tamén é moi habitual o atasco na rúa Ponte ou mesmo na Luis Calvo, sen unha solución á vista.

Este será un dos rogos que levará o PSOE carballés ao próximo pleno. A súa voceira, María Carmen Vila Blanco, tamén se fará eco da falta de prazas de natación adaptada e das precariedades do servizo de atención temperá.