Carballo | No CMUS só se impartirá 2º de Iniciación Musical este curso

1 minutes read

No Conservatorio Profesional de Música de Carballo, o vindeiro curso só se impartirá 2º de Iniciación Musical (alumnado de 7 anos), con preferencia de admisión para os nenos e nenas que cursaron 1º este ano.

As familias interesadas poderán formalizar a matrícula ata o 10 de setembro. A partir desta data abrirase un novo plazo para cubrir as posibles vacantes, ata completar o máximo de 30 prazas. Como en anos anteriores, os nenos e nenas estarán divididos en dous grupos de 15 alumnos/as cada un.

As clases serán os martes e os xoves, de 17.30 a 18.15 para o grupo 1 e de 18.15 a 19.00 horas para o grupo 2. As persoas que precisen máis información poden chamar por teléfono ao número 981 704 300.

Iniciación Musical ten como obxectivo achegar aos máis cativos á música e ao descubrimento das familias instrumentais, de xeito que cando poidan acceder aos estudos musicais oficiais teñan unha pequena base musical e un coñecemento das distintas ferramentas musicais que lles facilite a elección do instrumento que poidan estudar.