Carballo | Nova campaña de doazón de sangue con cita previa

1 minutes read

A unidade móbil a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará os días 6 e 7 de novembro na Praza do Concello cos seguintes horarios:

  • Venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
  • Sábado, de 10:00 a 15:00 horas.

As doazóns faranse con cita previa, que pode pedirse na propia unidade móbil ou no teléfono gratuíto 900 100 828.

ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia. Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue.