Carballo | Nova sinalización das rúas Río Ulla e Río Eume


A Concellaría de Mobilidade do Concello de Carballo vén de acometer a sinalización horizontal e vertical das rúas Río Ulla e Río Eume, que se suman á rede de rúas de dirección única existente na zona do Igrexario dende hai xa varios anos. Tamén está a traballar na mellora da accesibilidade e da seguridade peonil con actuación como as recentes obras de eliminación de barreiras arquitectónicas que se levaron a cabo nas beirarrúas de todo ese ámbito.