Carballo | Novo dispositivo contra o lume na zona da Grela

Helicóptero trabajando en la zona del incendio.

Ás seis da tarde deste sábado declarábase un novo incendio forestal no monte próximo á zona da Grela en Carballo. Xa van uns cantos nesa zona neste ano, nesta ocasión varias brigadas terrestres con motobombas e dous helicópteros de extinción víronse obrigados a intervir para tranquilizar o lume, nunha tarde calorosa e cun inimigo presente como era o forte vento. Investíganse as causas, pero todo indica que podería haber sido provocado.