Carballo | O 20 de xullo arrinca na zona urbana o proxecto “Ti tes a chave”

1 minutes read

A crise sanitaria provocada pola COVID-19 obrigou a frear a posta en marcha de “Ti tes a chave”, un proxecto de recollida selectiva dos residuos orgánicos que naceu no barrio da Milagrosa e que agora se estende por toda a zona urbana. A experiencia arrincará finalmente este día 20 coa instalación dos colectores nas rúas e tamén nos establecementos de grandes produtores adheridos á campaña.

O obxectivo é que 2.000 familias participen no programa, que é pioneiro en Galicia e que ten como finalidade acadar o obxectivo fixado pola Unión Europea de que no ano 2020 sexa reciclado o 50% dos residuos urbanos.

Cada familia participante recibirá un kit que consta de un caldeiro de 10 litros de capacidade, tres atados de bolsas compostables personalizadas, un tríptico informativo e unha chave para abrir un dos contedores que se colocarán na vía pública para depositar os bio-residuos, que supoñen máis do 40% dos RSU que depositamos nos colectores verdes. Por iso é tan importante tanto reducir a produción de residuos como incrementar a súa separación e o seu tratamento axeitados.