O Centro Municipal de Formación volve a apostar pola formación dos mellores profesionais en soldadura, con dúas accións formativas para es curso 2022-23. A primeira, de soldadura con electrodo revestido e TIG, arrincou o 17 de novembro pasado, e nestes momentos está en marcha o proceso de selección de profesorado e alumnado para un curso de soldadura oxigás e MIG/MAG que arrincará a finais de mes.
Se queres acceder a unha das 15 prazas dispoñibles podes realizar a solicitude de participación presencialmente ou a través da Intranet do Servizo Público de Emprego de Galicia. As persoas aspirantes deben ter titulación en ESO, FP de grao medio ou competencias clave en castelán, galego e matemáticas.
O curso de soldadura con electrodo revestido e TIG constará de 600 horas de formación, incluídos un módulo de prevención de riscos laborais e os módulos transversais sobre inserción laboral, sensibilización medioambiental e igualdade de xénero. As persoas interesadas poden informarse no Fórum Carballo, ben nas oficinas municipais situadas no segundo andar ou ben na oficina de emprego da planta baixa.