Carballo | O Concello actúa con celeridade na procura dunha solución a reubicación de Vieiro

Local situado en A Cristina, cedido polo Concello de Carballo para a reubicación inmediata de Vieiro_Cedida.

  • A entidade ocupará provisionalmente as oficinas do antigo centro de formación da Cristina tras o incendio da súa sede.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, visitaron este martes a sede de Vieiro nas antigas vivendas dos mestres, que quedou inhabitable como consecuencia dun incendio intencionado na madrugada do pasado domingo. Os responsables municipais mantiveron unha reunión cos membros da xunta directiva Fina Rey, Xosé María Arán e Pilar Mata e con persoal da asociación. Os dirixentes municipais puxéronse á súa disposición para a procura dun emprazamento alternativo dada a imposibilidade de seguir utilizando o local que xa tiñan cedido polo Concello de Carballo.

Nada máis rematar a xuntanza realizouse unha visita ao edificio do antigo ambulatorio, onde se barallou a posibilidade de acondicionar un espazo na planta baixa, aínda que a necesidade de realizar obras impediría a súa utilización a curto prazo. Posteriormente achegáronse ata o antigo centro municipal de formación, na avenida da Cristina, que en principio reuniría as condicións necesarias para o seu uso inmediato por parte da asociación, polo que se acordou a ocupación provisional da instalación á espera do acondicionamento da sede que se habilitará no antigo ambulatorio.

A Brigada Municipal de Obras colaborará con Vieiro no traslado, que se realizará esta mesma semana. A xunta directiva agradeceu a colaboración dos servizos municipais e a rápida resposta do goberno municipal, que permitirá que a asociación retome a súa actividade nos vindeiros días.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha