Carballo | Adxudicadas as obras de mellora de accesibilidade no pavillón do CEIP Fogar

1 minutes read
  • As obras, que contan cun investimento de 53.215 euros, comezarán nos vindeiros días

O Concello de Carballo adxudicou as obras de reforma do pavillón do CEIP Fogar á empresa local Covisam Norte por 53.215,80 euros. O obxectivo desta actuación é mellorar a accesibilidade e a seguridade dende a rúa e aproveitar un espazo libre entre a edificación e o muro de peche para a creación dun novo acceso, e tamén almacéns.

A instalación gañará 108,29 metros cadrados e a ampliación contará cunha cuberta de paneis sándwich illantes de aceiro, peche de muro de bloque con fachada de paneis de madeira-cemento e portal de acceso de corredeira en aceiro galvanizado co mesmo acabado. No interior, a obra inclúe as divisións, carpintería, solos, pintura e falsos teitos.

O obxectivo do Concello de Carballo é que os traballos arrinquen canto antes coa finalidade de causar as menores molestias posibles no inicio do curso 2020-2021.