Carballo | O Concello aumenta os libros das bibliotecas escolares cun novo reparto de obras

Cedida

  • Esta iniciativa da concellaría de Cultura, que busca apoiar a creación local, súmase a outras para fomentar a lectura

Como cada ano por estas datas, a concellaría de Cultura de Carballo vén de facer entrega nos distintos centros educativos do concello dun lote de libros de autores e autoras locais. Unha iniciativa coa que desde o Concello queren mostrar o seu apoio á creación local e aumentar os fondos das bibliotecas escolares.

Por outra banda, desde a Executiva local tamén traballan de maneira continuada na difusión do libro e da lectura a través de iniciativas como a ‘Semana do libro e a lectura’ ou a próxima ‘Praza dos libros’. Actividades ás que se suman outras que se desenvolven durante todo o ano nas bibliotecas municipais.