Carballo | O Concello e Cáritas colaboran no mantemento do centro de día Fogar de Bergantiños

Imaxe da firma do convenio con Cáritas_Concello de Carballo

  • O Concello achegará á entidade 15.000 euros, que poderán complementarse con outras subvencións

O alcalde de Carballo asinou este luns un convenio de colaboración entre o Concello e Cáritas para o mantemento do centro de día Fogar de Bergantiños, situado en Berdillo. Á firma do documento tamén asistiron a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, o director de Cáritas Interparroquial de Bergantiños, Francisco Suárez; o director de Cáritas Diocesana, José Anuncio Mouriño, e o párroco de Carballo, José García Gondar.

O Concello colaborará no sostemento do centro de día cunha achega de 15.000 euros que Cáritas poderá complementar, se é o caso, con outras subvencións. A cambio, Cáritas comprométese a desenvolver a actividade conforme á normativa vixente e, entre outras medidas, a facilitar o acceso ao servizo de persoas propostas polos Servizos Sociais municipais.