Carballo | O Concello inviste case 800.000 euros en obras de aglomerado entre parroquias

1 minutes read
  • O día 14 remata o prazo para que as empresas interesadas nas obras na estrada da Canosa a Pereiro Vello presenten as súas ofertas

A empresa Vázquez y Reino executará as obras de mellora da estrada de Xoane ao Piñeiro, en Goiáns, grazas a un convenio firmado co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Esta é unha das catro obras que a administración local ten en marcha nestes momentos por un total de 786.630,69 euros, e que abrangue actuacións de aglomerado en Xamozo (Artes)-Santa María (Ardaña), Paradela-Prearada (Sofán), Xoane-Piñeiro (Goiáns) e A Canosa (Rus)-Pereiro Vello (Entrecruces). O rexedor e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, visitaron este xoves as dúas primeiras, nas que xa se realizaron os traballos de limpeza.

A vía de Xamozo a Santa María terá unha anchura media de 6 metros ao longo dos máis de tres quilómetros que unen as parroquias de Artes e Ardaña. O proxecto inclúe a dotación de rede de augas pluviais nun treito de 70 metros, drenaxe e aglomerado, ademais do recrecido das tapas dos pozos, arquetas e sumidoiros, e a sinalización horizontal e vertical. Entre os lugares de Paradela e Prearada está a realizarse unha actuación similar.

En canto á estrada da Canosa a Pereiro Vello, o día 14 remata o prazo para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas.