Carballo | O curso no Conservatorio Profesional de Música iniciarase o 5 de outubro

Apertura curso CMUS 2019

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo iniciará o curso o 5 de outubro, segundo o calendario provisional que vén de facer público o equipo directivo do centro.

O comezo da actividade lectiva será o último dunha serie de pasos que comezarán a darse xa a finais de agosto coa apertura do prazo de matrícula para Iniciación Musical, que o próximo curso só contará con dous grupos de nenos/as de 7 anos como medida preventiva fronte á COVID-19.

O coronavirus tamén influirá noutros aspectos, como, por exemplo, a substitución da tradicional presentación no auditorio do Pazo da Cultura por unha circular informativa ás familias.