O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, participa na Xunta Local de Seguridade convocada para hoxe mércores 28 de setembro.
A orde do día está composta dos seguintes asuntos:
1º.- Valoración da situación da seguridade cidadá no Concello de Carballo.
2º.- Acordo para subscribir un novo “Convenio entre o Ministerio do Interior (Dirección Xeral da Garda Civil) e o Concello de Carballo en materia de seguridade” para reforzar a colaboración e coordinación entre Garda Civil e Policía Local en materia de seguridade cidadá que permita o intercambio de información entre ambos corpos.
3º.- Informe sobre a situación da violencia de xénero no Concello de Carballo.
Previamente, José Miñones manterá un encontro co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e realizará un percorrido por algunhas das sendas ciclopeonís do proxecto Cicl-Ando Carballo.