Carballo | O derrubo dun edificio na rúa Tarragona dá inicio ás obras de reurbanización

Rúa Tarragona_Concello de Carballo

  • As obras contan cun orzamento de 58.869,19 euros

A demolición dun edificio fóra de ordenación, cedido con esa finalidade ao Concello de Carballo, marcou o inicio das obras de reurbanización da rúa Tarragona no treito comprendido entre as veciñas rúas da Saúde e Barcelona. Os traballos son executados pola empresa Gestal y López cun orzamento de 58.869,19 euros.

Ademais de seguir avanzando cara a accesibilidade universal, o «noso obxectivo é modernizar os servizos urbanísticos, procedendo á súa renovación ou a súa instalación onde non existen», sinalan desde o consistorio. Neste caso, a obra permitirá dotar á rúa do servizo de abastecemento de auga, que agora chega ás vivendas a través das canalizacións existentes nas rúas Saúde e Barcelona; unha nova rede de saneamento e de pluviais; canalización para o futuro soterramento da rede eléctrica e redes de gas e telecomunicacións.

Unha vez rematados os servizos urbanísticos, que constitúen o groso do proxecto, procederase ao acondicionamento da superficie da rúa mellorando a accesibilidade, a estética e os servizos urbanos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha