José Luís Bardanca, representante do Partido Galego no termo municipal carballés, comunicaba este xoves a presentación dunha moción para que o goberno municipal atenda de xeito inmediato a reparación dunha estrada municipal ubicada no lugar de Vilanova, na parroquia de Cances. Polo mesmo curso, tamén piden que se complete a obra pública do lugar coa reparación e recuperación do labadoiro ubicado no mesmo lugar. «saldando deste xeito unha débeda con esta veciñanza e reparando ao tempo o esquecemento institucional do goberno de Carballo», conclúe José Luís Bardanca.