As actividades en Vilela arrincarán o martes 14 coa primeira sesión do curso de manexo dos teléfonos móbiles, especialmente orientado cara as persoas maiores pero aberto a todos os veciños e veciñas interesadas. As sesións serán impartidas por voluntariado da Cruz Vermella, coa que se volverá a contar este ano para seguir achegando as novas tecnoloxías á poboación con máis dificultade para acceder a elas. O obradoiro para mellorar o uso dos smartphones desenvolverase os días 14, 16 e 23, de 16.00 a 18.00 horas, no centro social de Vilela. As persoas que queiran participar aínda están a tempo de inscribirse, ben poñéndose en contacto co consello parroquial ou ben enviando un correo electrónico a comunicacion@carballo.gal.