Carballo | O PSOE levará ao Pleno “o deficiente servizo de guindastre” que usa a Policía Local

María Carmen Vila_Foto.- RVP_Arquivo.

O gupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Carballo emitiu un comunicado cos rogos e preguntras que trasladará ao Goberno local no Pleno da corporación do mes de maio que se celebrará este luns.

Entre os rogos destacan que en Oza os veciños lles trasladan que sería de gran valor dotar ao aparcamento veciñal dalgúns bancos onde se puidesen sentar. Ademais, usuarios da praza de Vigo coméntanlles que hai abundande verdín tanto en bancos como non chan, o que torna esvaradío e perigoso.

Noutro orden de cousas, o PSOE afirma que ultimamente varios veciños lles trasladan queixas sobre o deficiente funcionamento do servizo de guindastre usado pola Policía Local.
“En varias ocasións chámase á Policía Local por ter os seus vaos ocupados e non poder saír ou entrar cos seus vehículos e aínda que a Policía Local acode nun tempo razoable, o guindastre demórase entre 1 e 2 horas, co trastorno que iso supón para o prexudicado”.
Afirman que membros do grupo presenciaron un caso en concreto no que despois de 2 horas de espera por parte do veciño finalmente acudiu o propietario do vehículo infractor antes que o guindastre, non sendo xa necesario servizo deste e chamando por tanto á Policía Local para cancelalo.

Polo exposto, pregúntanlle ao Goberno que é o que está a ocorrer para que isto suceda de forma reiterada e non
ocasional segundo ratificou algún membro da propia Policía Local?. Ten o Concello algún contrato respecto diso?. Está a cumprirse?. Ten previsto o Goberno local darlle unha solución próxima dado o importante trastorno que isto supón para o veciño afectado?, conclúen dende o PSOE.