Carballo ofrece un obradoiro para pais/nais e educadores sobre o uso dos móbiles

0 minutes read

A cita será este sábado 8 de febreiro de 11:00 a 13:00 horas na Biblioteca Rego da Balsa, con entrada libre ata completar aforo.

Raquel Bello, psicóloga familiar e directora de Espazo Oikos, será a encargada de impartir un obradoiro titulado «os móbiles tamén educan?», dirixido a pais/nais de nenos/as de 0 a 15 anos de idade e profesionais da educación para proporcionarlles os coñecementos necesarios sobre o uso da tecnoloxía na infancia e na adolescencia desde a neurociencia.

Podes reservar a túa praza chamando ao 981 75 85 80.