Carballo | Os afectados polo plan de protección en Arnados-Razo xa están sendo notificados

1 minutes read
  • O obxectivo do plan é a ordenación do solo rústico entre Razo da Costa e o monte Peados, aproximadamente

A Concellería de Planificación do Concello de Carballo xa comezou o envío das notificacións ás máis de 200 persoas afectadas polo Plan especial de protección Arnados-Razo, que a partir do martes 19 disporán dun servizo de atención individual previa solicitude de cita no 981704100.

Aínda que o período de información pública de dous meses non empezará a contar ata a publicación oficial no Diario Oficial de Galicia, as persoas que o desexen xa poden consultar o documento de aprobación inicial de plan premendo aquí.

O obxectivo do Plan especial de protección, infraestruturas e dotacións en Arnados-Razo é a ordenación integral dunha superficie de 313.171 metros cadrados de solo rústico entre o núcleo de Razo da Costa e o monte Peados, aproximadamente.