Carballo | ‘Os ratos de Lonxedetodo’ programan 11 funcións para celebrar o Día das Bibliotecas

Os Ratos de Lonxedetodo_Concello de Carballo

  • De novembro a maio haberá dous espectáculos cada mércores: ás 17:00 e ás 18:30 horas

‘Os ratos de Lonxedetodo’, de Trinke Trinke, volven á biblioteca Rego da Balsa de Carballo para celebrar durante todo o ano a importancia destes locais, un «acubillo da cultura», sinalan desde o Concello. Deste xeito, e para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas, que se celebrou este domingo, ofértanse once funcións para que os máis pequenos percorran diferentes realidades.

3 de novembro. ‘Viaxe pola Galicia encantada’
17 de novembro. ‘Non máis guerras’
1 de decembro, ‘Aventuras na cociña’
12 de xaneiro, ‘Familias diversas’
26 de xaneiro, ‘Asociación de animais solidarios’
9 de febreiro, ‘Problemas’
23 de febreiro, ‘As illas do tesouro’
9 de marzo, ‘Cores e persoas’
23 de marzo, ‘Viaxe a Sudamérica’
6 de abril, ‘O cole de Lonxedetodo’
18 de maio, ‘Avós’

Os espectáculos van destinados a nenos de 4 a 8 anos, que poderán acudir acompañados por unha persoa adulta. Haberá dúas funcións cada mércores: ás 17:00 e ás 18:30 horas. As entradas poderán reservarse dende unha semana antes chamando ao 981758580.