33
O proxecto Carballo para a infancia será cofinanciado polo Concello e a Deputación da Coruña, que achega o 80% do orzamento. A actuación prevista nos parques das prazas do Concello, A Milagrosa e Eduardo Pondal seguirá a liña das realizadas no Chorís e no Hospital e complementarase coa mellora das zonas axardinadas, que forma parte doutro contrato que está en execución nestes momentos e que reforza o carácter integral das intervencións. Ao mesmo tempo está xa en proceso de contratación a mellora do complexo de ocio da Ponte de Bértoa, e en breve licitaranse tamén os parques de Razo e Artes. Ao tempo iranse acometendo sucesivamente novos proxectos co obxectivo de crear unha gran rede municipal de parques integradores.