Carballo lanza unha iniciativa para que os agasallos de Nadal non sexan sexistas

1 minutes read
  • A campaña publicitaria, que arrincará esta fin de semana, complementarase co reparto de máscaras reutilizables a todo o alumnado de infantil e primaria

Co Nadal á volta da esquina, son moitos os que xa apuran a deixar listos os regalos para os máis pequenos. Por este motivo, a Concellería de Igualdade do Concello de Carballo inicia, un ano máis, unha campaña para mercar os xoguetes sen ter en conta o xénero das persoas que recibirán ese agasallo.

“Os xoguetes non teñen sexo. Non llelo poñas ti” é o nome desa iniciativa que arrincará esta fin de semana, e que inclúe accións en medios de comunicación e establecementos comerciais. Aínda que se fará de publicidade enfocado ás tendas relacionadas coa infancia, se algún negocio está interesado en participar poderá anotarse en comunicacion@carballo.gal.

“O problema non é que os nenos e as nenas prefiran actividades diferentes, senón que se lles limite a unha actividade dependendo do seu sexo e, sobre todo, que se lle dea menos valor ao vinculado coas nenas e ao feminino”, destacan desde a Concellería de Igualdade que, neste caso, conta coa colaboración do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Ademais, para agradecerlle aos máis pequenos o seu bo comportamento neste ano tan atípico, nos vindeiros días distribuiranse nos colexios máscaras infantís co lema “Construíndo igualdade” aos máis de 2.500 alumnos e alumnas de infantil e primaria do concello.