Carballo | Prazas dispoñibles no IES Isidro Parga Pondal para a formación de adultos

Estudante_PIXABAY

  • O Ensino Básico Inicial componse de dous niveis en función do punto de partida do alumnado

O instituto carballés Isidro Parga Pondal ten prazas dispoñibles para aqueles adultos que desexen completar os seus estudos. O Ensino Básico Inicial (EBI) consta de dous niveis, en función do punto de partida do alumno, e o seu prazo de matrícula está aberto durante todo o ano.

Completar o nivel I equivalería a 3º curso de Primaria, perfecto para aquelas persoas que queiran adquirir técnicas básicas de lecto-escritura, razoamento matemático e cálculo. Trátase dun programa flexible e adaptado ao alumnado, sen exames e de balde.

O nivel II, que sería semellante a rematar o ciclo de Primaria, permitiría consolidar a lecto-escritura, cálculo e coñecemento do medio social e natural coa finalidade de acceder á educación secundaria para persoas adultas (ESA) ou seguir con garantías cursos de cualificación profesional. Coma no caso anterior, trátase dun ensino presencial, voluntario e gratuíto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha