A Concellaría de Mocidade do Concello de Carballo organiza para o próximo 1 de novembro unha festa de Samaín para adolescentes, a que contará cos ingredientes necesarios para que gocen coma nunca dese día festivo con sesión musical con dj, cócteles sen alcohol, obradoiro de maquillaxe de caracterización, posadoiro e mesmo un castañeiro.
Despois da boa acollida que tivo o campus urbano para adolescentes, e recollendo unha das ideas que xurdiu desa experiencia, a Concellaría de Mocidade proponvos unha festa terrorífica. Celebrarase de 19.00 a 21.30 horas na planta alta do mercado municipal, e hai 100 prazas, así que podes ir con todas as túas amizades. E todo de balde.
Como é para menores de idade, pide na casa que te inscriban, ou ben enviando un correo cos teus datos a info@totemgestion.com ou ben cunha mensaxe de Whatsapp ao 604 048 341.